14 may 2015

XI Concurso de Debuxo en Formato Marcapáxinas

Como todos os anos por estas datas, Ortigueira Literaria Dixital e a biblioteca municipal convocaron unha nova edición do Concurso de Debuxo en Formato Marcapáxinas dirixido ao alumnado do CEIP "José María Lage". Nesta ocasión a temática dos debuxos centrouse na figura de Narciso Luaces Pardo.

Os alumnos, despois de asistir ao CEMIT, a unha serie de charlas con Narciso, fixeron os seus debuxos no seu centro de ensinanza.

Esta semana reuniuse o xurado formado por dúas profesoras do CEIP e dous membros de OLD, elixindo os seguintes gañadores:

1º premio:  Rowan Webb Méndez.
Finalista Infantil: Almudena Castro Romero.
Finalista 1º ciclo: Noa Fustes Soto.
Finalista 2º ciclo: Diego Cal Yáñez.
Finalista 3º ciclo: Adela López Pereira.

Con todos os debuxos presentados montamos unha exposición que pódese visitar na biblioteca municipal ata o día 6 de xuño.

A entrega de premios levarase a cabo mañá no CEIP, dentro dos actos de celebración das Letras Galegas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario