17 abr 2012

Concurso de microrrelatos II

O POLBO ESCRITOR


Garro era un polvo moi simpático.
Lera moitos libros e sabía escribir cos oito tentáculos
-Escríbeme un poema de amor para a miña amada- pedíanlle.
-Podíaslle escribir unha carta ó meu amigo?
-A min gustaríame que me escribiras unha canción.
-Nosoutros queremos que nos contes contos!-rogábanlle todos os peixiños.
Garro intentaba compracer a todos e non paraba de escribir todo o día. Utilizaba a súa propia tinta e era o único polbo capaz de escribir tres poemas , catro cartas de amizade e una canción ó mesmo tempo.


Autor: Anónimus

No hay comentarios:

Publicar un comentario