17 abr 2012

Concurso de microrrelatos I

Entre las actividades del mes de abril está convocado un concurso de microrrelatos dirigido al alumnado del IES de Ortigueira. Recordad que el plazo para presentar los relatos termina hoy. A continuación vamos a publicar los recibidos hasta ahora.




CO PASO DO TEMPO



Chámome Mauricio e son leñador. Non é un traballo doado, pero a min gústame o monte. Preto das árbores pásanche cousas abraiantes. Nunha desas, Roberto encargárame que lle cortase os piñeiros dun monte. Alí fun e pasei toda a tarde traballando. Cando rematei de cortar o último fixeime en que, no tocón, había unha curiosa espiral violeta. Piseina e, sen máis, tragoume.
Vinme nun precioso salón. Un trasgo de maliciosa expresión díxome:
-Moi ben, chegaches a min! Agora pide un desexo.
-Vover á casa-dixen sen pensalo.
De novo, atopeime no monte. O tocón seguía alí, pero xa non había piñeiros. Agora medraban altos eucaliptos. Souben pola altura das árbores que pasaran trinta anos.




Autor: Cachoupas

No hay comentarios:

Publicar un comentario