13 may 2013

Visita do Colexio á Aula CEMIT


Durante toda a semana do 15 ó 19 de abril  os alumnos/as do Colexio pasaron pola Aula  CEMIT para escoitar unha charla e ver a presentación sobre os estudios arqueolóxicos e os traballos realizados por  Don Federico Maciñeira e Pardo de Lama.


A historiadora e nova arqueóloga ortegana, Vanesa Trevín, foi a encargada de explicarlles todo o proceso das excavacións dun xeito moi didáctico e atractivo para os rapaces.  

Os coñecementos adquiridos serviralles para participar no concurso de marcapáxinas que organiza a Biblioteca cada ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario