6 feb 2013

2013: Ano de Federico Maciñeira e Pardo de Lama

PROGRAMACIÓN:

8 de febreiro
-Presentación na Fundación Ortegalia do ano de Federico Maciñeira (Blog e programa cultural).

-Conferencia do historiador Xosé Carlos Breixo

MARZO
-Inauguración da Exposición do Museo da prehistoria e arqueoloxía de Vilalba, na Biblioteca Municipal.

-Xosé-Lois Armada, "Federico Maciñeira, arqueólogo". sábado 23 de marzo ás 20:15 horas.

ABRIL
-Concurso de marcapáxinas na Biblioteca Municipal.

-Presentación na Aula Cemit do vídeo recopilatorio da vida e obra de Federico Maciñeira para os alumnos do CEIP José Mª Lage

MAIO
-Concurso de relatos curtos Descubrindo un arqueólogo: Federico Maciñeira e Pardo de Lama, para o alumnado do colexio e do instituto.

-Lectura da relación epistolar de Federico Maciñeira con diferentes persoeiros da súa época no CEIP José Mª Lage e ilustración de traballos arqueolóxicos e achados de Federico Maciñeira.

-Exposición dos traballos realizados polos alumnos.

XUÑO
-Inauguración da exposición Inédito, Federico Maciñeira e Pardo de Lama na Fundación Ortegalia.

-Mesa redonda, intervirán:
Xosé-Lois Armada
Xosé Carlos Breixo Rodríguez
Fernando Pérez Sampedro (bisneto do homenaxeado)
Anxo Rosende

-Videoconferencias no Centro de Novas Tecnoloxías para presentar o ciclo e achegar a figura de Federico Maciñeira á rede de Centros de Galicia (CEMIT)

XULLO
-Inauguración dunha exposición do seu legado na biblioteca municipal Fernández Latorre

AGOSTO
-Faladoiro no Centro de Visitantes de Ortigueira e actuación musical.

-Ruta polo Porto de Bares co arqueólogo David Fernández Abella.

-Rutas arqueolóxicas polas mámoas e xacementos das Serras Faladoira-Coriscada cos arqueólogos Patricia Mañana Borrazás e Carlos Otero Vilariño.

SETEMBRO
-Exposición de achados arqueolóxicos na Fundación Ortegalia.

-Conferencia a cargo do historiador Felipe-Senén López Gómez: Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en terras de Ortigueira.

OUTUBRO
-Conferencia no Teatro da Beneficencia: Federico Maciñeira e San Andrés de Teixido, a cargo do historiador Rafael Usero.

NOVEMBRO
-Mesa redonda no Teatro de Beneficencia
"Maciñeira e o seu tempo"

Intervirán:
Vicente Peña Saavedra
Emilio Grandío
Hixinio Puentes
Vanesa Trevín

DECEMBRO
-Estrea no Teatro de Beneficencia dunha obra de Teatro

-Publicación e presentación no Teatro de Beneficencia dun libro recopilatorio de traballos de Federico Maciñeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario