17 abr 2012

Concurso de microrrelatos IV

O MISTERIO DA SERRA DA CAPELADA

Estoutro día Xan e Uxío ían dando unha volta pola Serra da Capelada cando unha espesa néboa os rodeou..., perdéronse nela, camiñaron coa intención de librarse da néboa, pero adentrábanse máis...
Chegados a un punto, a néboa era tan espesa, que non se vían.
Intentaban gritar, pero a néboa afogábaos.
Xan volveuse, saiu da néboa, chamou a Uxío polo móbil..., non contestou, logo subiu ó coche e marchou a pedir axuda.
Uxío apareceu nun mes, morreu axiña e o seu espírito saiulle do corpo e contoulles que na Capelada había un ser maligno que mataba aos que se acercaban, colléndolles a súa felicidade...
Despois da súa morte ninguén volveu a atoparse coa néboa.
Onde estará?


Autor: Arturo

No hay comentarios:

Publicar un comentario