1 dic 2015

CONFERENCIA DE X. CARLOS BREIXO NO MUSEO ORTEGALIA

O pasado venres tivemos no Museo Ortegalia o cronista oficial do Concello de Ortigueira, X. Carlos Breixo.Impartiu unha conferencia sobre a persoa de Narciso Luaces, director do Museo Etnográfico de Meixido e a quen Ortigueira Literaria Dixital dedicoulle o ano 2015.



22 nov 2015

NARCISO LUACES PARDO, O HOME E A SÚA OBRA

O vindeiro venres, 27 de novembro, terá lugar no Museo Ortegalia unha conferencia impartida por X. Carlos Breixo que leva por título "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra".
A actividade está emmarcada dentro do programa que OLD adica a Narciso Luaces.


23 sept 2015

ROMAXE A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

O pasado sábado organizouse unha romaxe a San Andrés de Teixido, enmarcada dentro do ano que OLD dedica a Narciso Luaces Pardo.
Desde a Fundación Ortegalia queremos agradecer a Pepe Riola as súas ensinanzas, así como tamén dar as grazas a tod@s as romeiras e romeiros que o acompañaron.


10 sept 2015

ROMAXE A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, RECORDANDO AS VIVENCIAS DE NARCISO LUACES PARDO

Ortigueira Literaria Dixital 2015- Ano de Narciso Luaces Pardo

ROMAXE A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, RECORDANDO AS VIVENCIAS DE NARCISO LUACES PARDO.

GUIADA POR PEPE RIOLA

SÁBADO, 19 DE SETEMBRO
9:30H.
*A ruta farase en coches particulares

Información e inscricións:
MUSEO ORTEGALIA
Avda. Francisco de Santiago, 9
15330 Ortigueira
Tel.: 981402413

Percorrido:
Saída do aparcadoiro do CEIP José Mª Lage
Fornelos
Campo da Armada
San Andrés
Garita de Herbeira
Socorro Vello e Socorro Novo
Castelo do Casón
Pozo do Inferno
O Casón (Romaxe)- San Adrián


25 ago 2015

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE MEIXIDO

Continuando coas actividades enmarcadas no ano que OLD dedica a Narciso Luaces Pardo, informámosvos de que para o vindeiro 5 de setembro está programada unha visita guiada ao Museo Etnográfico de Meixido.
Museo Ortegalia - Avda. Francisco de Santiago, 9 - 15330 Ortigueira
Tel.: 981.402.413